Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a contratación de servizos para o desenvolvemento de campañas publicitarias sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social (expediente PA 1/2012).

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar a contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Medios).

1) Obtención da documentación e información na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais. Rúa do Hórreo, 61, 2.º andar. 15701 Santiago de Compostela.

2) Teléfono: 981 54 12 73. Fax: 981 54 12 89.

3) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17206

4) Data límite de obtención de documentación e información: 21 de marzo de 2012.

b) Número de expediente: PA 1/2012.

2. Obxecto do contrato: servizo para o desenvolvemento de campañas publicitarias sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social.

a) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento: urxente e aberto (suxeito a regulación harmonizada).

a) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.016.949,15 euros. Importe total: 1.200.000 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, incluído o IVE.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de marzo de 2012 (ás 14.00 horas).

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia. Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

7. Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante.

8. Gastos de publicidade: os custos de publicidade serán por conta do adxudicatario, segundo a tarifa oficial vixente.

9. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2011.

10. Outras informacións:

a) Documentación que cómpre presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que regula este contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios