Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 16 de abril de 2012, ás 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

Lote 1. Único

Turismo marca Saab, modelo 95 3.0 Tid, 4 portas, matrícula 1896 FKM. Bastidor YS3ED45L823021595. Data de matriculación 4.1.2002, cor azul. Titularidade: Excavaciones Otero Salgado, S.L.

5.000,00

Sen cargas

5.000,00

200,00

Lote 2. Único

Turismo marca Fiat, modelo Punto 1.9 JTD Xbox, 3 portas, matrícula 2321 DPJ. Bastidor ZFA18800002559091. Data de matriculación 31.8.2005, cor azul. Titularidade: Héctor González Gallego.

3.400,00

Sen cargas

3.400,00

200,00

Lote 3.1

Predio 26.719. Tomo 785, libro 350, folio 169. Urbano. Vivenda tipo D con acceso pola escaleira 2 na primeira planta do edificio na confluencia da avenida de Galicia e a rúa Luz Pozo Garza, na vila de Ribadeo. Ocupa a superficie de 101,70 metros cadrados. Titularidade: Ana Belén López Santamarina, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

148.888,80

79.930,91

68.957,89

500,00

Lote 3.2

Predio 26.706. 32G. Tomo 840, libro 378, folio 32. Urbano. Praza de garaxe sinalada co número 32 na planta de soto -2 ou intermedio no edificio Las Azaleas na confluencia da avenida de Galicia, 32, e a rúa Luz Pozo Garza, na vila de Ribadeo. Ocupa a superficie de 10,30 metros cadrados. Titularidade: Ana Belén López Santamarina, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

12.526,86

Sen cargas

12.526,86

200,00

Lote 3.3

Predio 24.677. 26.706. 31T. Tomo 840, libro 378, folio 33. Urbano. Praza de garaxe sinalada co número 31 na planta de soto -2 ou intermedio no edificio Las Azaleas na confluencia da avenida de Galicia, 32, e a rúa Luz Pozo Garza, na vila de Ribadeo. Ocupa a superficie de 3,15 metros cadrados. Titularidade: Ana Belén López Santamarina, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

1.752,03

Sen cargas

1.752,03

200,00

Lote 3.4

Predio 22.824. Tomo 662, libro 287, folio 153. Rústico. Terreo destinado a secaño e sito na zona de Vilaframil, municipio de Ribadeo. Tras a expropiación da autovía A-8, esta leira queda separada en dúas partes cunha superficie de dous mil trescentos setenta e dous metros cadrados nunha e catrocentos trinta metros cadrados na outra. Ref. catastral 27051P003006620000ST. Titularidade: Ana Belén López Santamarina, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

2.337,52

Sen cargas

2.337,52

200,00

Lote 3.5

Predio 24.677. Tomo 720, libro 321, folio 44. Rústico. Terreo destinado a secaño, hoxe a matogueira, procedente da leira 3-661 do plano xeral e sita en Vilaframil, municipio de Ribadeo. Ocupa a superficie de dous mil oitocentos dous metros cadrados. Ref. catastral 27051P003106610000SI. Titularidade: Ana Belén López Santamarina, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

2.617,94

Sen cargas

2.617,94

200,00

Lote 4. Único

Predio 55.482 N. Tomo 1023, libro 584, folio 191. Urbano. Piso quinto, letra A, da rúa Escultor Asorey, 10-12, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de cincuenta e tres metros e noventa e sete decímetros cadrados. Ref. catastral 6935018PH1663N 0017 OM. Correspóndelle como anexo un rocho sito no faiado, sinalado co número cinco. Titularidade: Fernando Salgado Ónega, unha metade indivisa con carácter privativo.

45.379,88

80.556,76

988,63

100,00

Lote 5.1

Predio 13.199. Tomo 353, libro 134, folio 187. Urbano. Vivenda, ático tipo A na terceira planta do edificio sito na rúa Diego Pazos 102, na vila de Sarria. Ocupa a superficie útil de noventa metros cadrados. Correspóndelle como anexo a terraza polo seu vento oeste duns trinta metros cadrados. Titularidade: João Carlos Pereira da Silva, pleno dominio con carácter privativo por título de compra.

78.048,00

95.502,86

2.919,23

200,00

Lote 5.2

Predio 13.203. Tomo 347, libro 128, folio 205. Urbano. Rocho, sinalado coa clave 3.º A, en planta baixo cuberta do edificio sito na rúa Diego Pazos, 102, na vila de Sarria. Titularidade: João Carlos Pereira da Silva, pleno dominio de cinco oitenta e catro avas partes, con carácter privativo por título de compra.

3.900,25

3.988,57

2.919,23

200,00

Lote 5.3

Predio 11.846. Tomo 347, libro 128, folio 206. Urbano. Prazas de garaxe sinaladas cos números 19 e 12 e rocho, que ocupa a parte baixa da rampla do soto e o pequeno rocho pegado á rampla citada no edificio sito na rúa Diego Pazos, 102, na vila de Sarria. Titularidade: João Carlos Pereira da Silva, pleno dominio con carácter privativo por título de compra.

10.527,60

13.960,00

2.919,23

200,00

Lote 6. Único

Predio 26.987. Tomo 1145, libro 706, libro 217. Urbano. Vivenda situada na planta baixa ou primeira á dereita entrando do bloque número catro do barrio do Sagrado Corazón, de Burozos, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de sesenta metros e setenta e tres decímetros cadrados. Ref. catastral 8240911 PH 1684 S 0001 GB. Titularidade: Mara Gabarri Montoya, pleno dominio, por título de compra.

40.805,85

22.119,33

18.686,52

500,00

Lote 7. Único

Predio 107.291N. Tomo 1588, libro 1149, folio 57. Urbano. Vivenda, na cuarta planta alta, denominada A2, con acceso polo portal 2, no bloque 2, da edificación sita na rúa Poeta Aquilino Iglesia Alvariño, sen número, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de setenta e oito metros e noventa e cinco decímetros cadrados. Ref. catastral 6438105 PH 1663 N 0045 BL. Titularidade: Isabel Lavandeira Carreira, con carácter ganancial por título de compravenda.

124.355,18

52.198,48

72.156,70

500,00

Lote 8. Único

Rústico Toxeira, destinado a prado e labradío secaño e sito no conce-llo de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie de catro mil oitocentos sesenta e un metros cadrados. Ref. catastral 27031 A 120001600000 GJ. Lindes: norte, parcela 9008, camiño do Concello de Monforte; sur, estrada de Piñeira-Pereira; leste, parcela 169, polígono 120, lugar Toxeira de José Losada Iglesias; parcela 161, polígono 120, lugar Toxeira de Emilio Losada Álvarez; e oeste, parc. 159, polígono 120, lugar Toxeira de M.ª del Carmen Díaz Losada; parc. 158, pol. 120, lugar Toxeira de M.ª Rosa Rosell Rivera e parc. 156, pol. 120, lugar Toxeira de Amadeo Álvarez Losada. Titularidade: Marcos López Berao, 100% de propiedade.

32.751,66

Sen cargas

32.751,66

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente. De non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e, nos demais casos en que sexa preciso deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10%. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75% do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 29 de febreiro de 2012.

Gonzalo Vázquez Rivas
Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa