Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 308/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. lugar das Grelas.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas: soterramento de L.M.T. e cambio de C.T. intemperie a prefabricado no lugar das Grelas.

Liña eléctrica de media tensión subterránea de 1.220 m, en condutor R.H.Z.1-2 3(1×240 Al), con orixe no paso aereosubterráneo que se realizará en novo apoio 58 proxectado de tipo HVH 15/4500, intercalado na L.M.T. CBA-804 entre o tramo á derivada ao C.T. Taboído e a derivada ao C.T. Cubelo (expediente 50.599), que se retirará, e final en cela existente no C.T. A Telleira (expediente 2007/381).

Centro de transformación situado en caseta prefabricada, con transformador de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no lugar de Canduas, con entrada e saída na L.M.T.S. proxectada. Concello de Cabana de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial