Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9179

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de supervisor/a da Área Materno-Infantil.

Por Resolución do 28 de novembro de 2011 (DOG n.º 4, do 5 de xaneiro de 2012), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a da Área Materno-Infantil no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Procesos de Enfermaría a que se fai referencia na base quinta,

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro),

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de supervisor/a de área materno-infantil no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, anunciado pola Resolución do 28 de novembro de 2011 (DOG n.º 4, do 5 de xaneiro de 2012).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego.

Ourense, 10 de febreiro de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestion Integrada de Ourense

ANEXO

Posto: supervisora da Área Materno-Infantil.

Nome e apelidos: María Elena Fernández Barreira.

DNI: 15383549E.