Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de administración transversal dos sistemas informáticos que dan soporte aos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (expediente SXSI 10/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 10/12.

d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 29 de febreiro de 2012.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo para a administración transversal dos sistemas informáticos que dan soporte aos centros educativos públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.CPA-2008: 62.03.12. CPV: 72253200-5.

b) Lugar de realización do servizo: nas dependencias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da empresa adxudicataria.

c) Prazo de execución: 1 ano.

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72253200-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 148.305,00 euros. IVE (18%): 26.694,90 euros. Importe total: 174.999,99 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Clasificación.

a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 5, categoría B.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17229.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 29 de marzo de 2012, ás 15.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o 10 de abril de 2012, ás 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria