Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 24 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/001536-1 e PESAN1 2011/001538-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de suspensión temporal dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5.º andar.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001536-1.

Denunciado: Fco. Javier Regueiro Freire.

DNI: 32436015-N.

Enderezo: Andeiro-Gosende, 1, Cambre.

Precepto infrinxido: 138.B.6.

Sanción: 30.001 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001538-1.

Denunciado: Carlos Manuel Brandariz Bello.

DNI: 32825021-L.

Enderezo: Castiñeiras, 7, Osedo, Sada.

Precepto infrinxido: 138.B.6.

Sanción: 30.001 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na dita Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña