Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9203

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 2 de marzo de 2012 polo que se dá publicidade á resolución reitoral mediante a que se convoca a ampliación da lista de agarda da categoría de técnico especialista de bibliotecas desta universidade.

Consonte o Acordo de selección temporal, acceso interno e adscrición provisional do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG do 7 de abril de 2009) e en exercicio das competencias que lle recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca proceso selectivo para a ampliación da lista de agarda da categoría de técnico especialista de bibliotecas.

A información completa (bases das convocatorias, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (edificio da Xerencia, Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (edificio administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html

Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de marzo de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo