Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, con trámite ordinario, da subministración de vehículos en réxime de aluguer da clave SC/12/002.08.(S/001/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de vehículos en réxime de aluguer para a Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Clave do expediente: SC/12/002.08.

c) Orzamento base de licitación: 52.800 euros (IVE excluído). IVE: 9.504 euros.

d) Prazo de execución: 24 meses, prorrogable por 12 meses.

e) Prazo de entrega: 15 días contados a partir da formalización do contrato.

f) División por lotes e número/número de unidades: número de unidades: segundo o punto 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria con procedemento aberto multicriterio.

4. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Exixirase unha garantía definitiva equivalente ao 5% do orzamento de adxudicación, IVE non incluído.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Axencia Galega de Infraestruturas. Área de Contratación e Administración.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas e o cadro de características relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17253.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarán a súa solvencia económica e financeira e a técnica nos termos que se expresan nos puntos I e J do cadro de características.

Para aquelas empresas non españolas de países integrados na Unión Europea que non estean clasificadas, esixiráselle a documentación que sinalan os artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) e na normativa de desenvolvemento.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, segundo o que se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): dous (2) meses, consonte o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: ver a epígrafe G do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de sobre B e sobre C.

Terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17253, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17253

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas