Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de febreiro de 2012 pola que se acorda declarar deserta a adxudicación do procedemento de venda, na terceira poxa, de dous inmobles procedentes da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela.

Por Orde desta consellería do 28 de febreiro de 2011 (DOG n.º 63, do 30 de marzo) e 1 de xullo de 2011 (DOG n.º 143, do 27 de xullo), foi declarada a alleabilidade de dous inmobles da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela, dos cales foi autorizado o seu alleamento mediante poxa, por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 19 de outubro de 2011.

Logo de celebrarse a primeira e segunda poxa pública e de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 15 de febreiro de 2012 (DOG n.º 32) a Orde do 8 de febreiro de 2012, pola que se acorda declarar deserta a adxudicación dos inmobles, celebrouse o día 17 de febreiro de 2012 a terceira poxa pública anunciada, co que á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserta en terceira poxa a adxudicación das seguintes parcelas:

1. Parcela n.º 94, Novais, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 850 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, estrema: norte, con María Suárez Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Suárez Blanco; e oeste, Ramón Rey Pais. Referencia catastral: 15079A509000940000FW. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.970, tomo 1.202, libro 244 e folio 204.

2. Parcela n.º 354, Cortiña de Pazo, situada no lugar de Coira (Ames), cunha superficie aproximada de 936 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con zona excluída; leste, con zona excluída e oeste con Castora Viqueira Gendra. Referencia catastral: 3751701NH3435S0001JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.992, tomo 1.202, libro 244 e folio 215.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde 9.1.2012)
M.ª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda