Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9810

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública relativo a unha instalación de desmontaxe, montaxe e equilibraxe, e de cambio de aceite para vehículos.

En cumprimento do disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º AC-13/12-393, que se tramita neste concello por instancia de Troyber Soutelo, S.L., para a instalación de negocio de desmontaxe, montaxe e equilibraxe, e de cambios de aceite para vehículos na nave existente na parcela n.º 2 do polígono industrial de Vilapouca (Ventoxo), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto, que se farán unha no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Forcarei, 20 de febreiro de 2012.

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa