Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 27 de febreiro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador E.S.OU-08/11.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción da normativa do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta proposta de resolución, ao interesado, conforme o disposto no artigo 19 do regulamento da potestade sancionadora, habilítaselle un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Ourense, 27 de febreiro de 2012.

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: ES.OU-08/11.

Interesado: Roberto González Vázquez.

Enderezo: Rúa Villermá, 31, 32150 A Peroxa.