Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro n.º 5175 Xardoal, sito no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

A xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria dá a coñecer que foi admitida a trámite, de acordo co R.D. 107/1995, do 27 de xaneiro, a solicitude da concesión de explotación Xardoal n.º 5175, de 4 cuadrículas mineiras, que se sitúa no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

06º 58’ 00”

42º 26’ 40”

2

06º 58’ 00”

42º 27’ 20”

3

06º 58’ 40”

42º 27’ 20”

4

06º 58’ 40”

42º 26’ 40”

A solicitude ampárase na reclasificación dos recursos que se viñan explotando na canteira n.º 136 Xardoal, pola que quedan comprendidos na sección C do artigo 3 da vixente Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo.

O que se fai público coa finalidade de que aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente no prazo de trinta días contados a partir da presente publicación, de conformidade co disposto no artigo 70 de Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25.8.1978.

Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de febreiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense