Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401, Santiago de Compostela-Carballo, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante acordo directivo do 27 de febreiro de 2012, autorizou o cambio de titularidade da concesión V-7027; XG-401 a favor da empresa Autos Carballo, S.L. por transmisión do seu anterior titular, Autos Carballo, S.A.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos aos que se condicionou a dita autorización. O novo concesionario quedará subrogado nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade