Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10183

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O Decreto 29/2007, do 8 de marzo, regula a selección, o nomeamento e o cesamento de directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, mediante un concurso en que se garantan os principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, entre funcionarios e funcionarias de carreira dun corpo docente, en situación de servizo activo e que estean prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O decreto recolle que a selección deberá realizarse no propio centro por unha comisión constituída por representantes da Administración e do centro e que os e as aspirantes deberán superar un programa de formación inicial.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2011-2012.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria.

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á Dirección.

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

d) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario de carreira, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

e) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

f) Estar prestando servizos en centros docentes públicos, nalgunha das ensinanzas das que se ofrecen no centro a que se opta, cunha antigüidade de polo menos un curso completo ao publicarse a convocatoria. Para estes efectos considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais ou superiores deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras c) e d) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación.

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario.

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Se é o caso, a aplicación informática expedirá certificación do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que acredite que o solicitante ten destino definitivo no centro.

c) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ás previstas nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.

d) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar nos departamentos territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias á que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de Selección.

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designados pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres profesoras ou profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. Cada profesor ou profesora poderá emitir dous votos.

c) Tres membros do Consello Escolar, elixidos por e entre os membros do Consello Escolar que non son profesoras ou profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. Cada membro do Consello Escolar poderá emitir dous votos.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á Dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde.

8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución da Comisión de Selección. De non se elixiren os representantes do Claustro e do Consello Escolar, a xefatura territorial nomeará a Dirección do centro por un período de dous anos, oídos o Claustro e o Consello Escolar.

9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos.

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir tres membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado/a pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Un profesor ou profesora do centro elixida polo Claustro de Profesorado. Cada profesor ou profesora poderá emitir un só voto.

– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes que non sexan profesoras ou profesores. Cada membro do Consello Escolar poderá emitir un só voto.

Sétimo. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento.

1. Recibidas as solicitudes presentadas na xefatura territorial, a Comisión de Selección comprobará que as/os aspirantes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e notificaralles aos aspirantes a admisión ou rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde. A aplicación informática realizará unha proposta de baremo en función dos datos que constan no expediente persoal.

4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas.

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporán como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a Dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. A selección realizarase considerando, primeiro, as candidaturas do profesorado que teña destino definitivo no centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non fosen seleccionadas, a comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

4. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

5. Se unha candidata ou candidato resultase seleccionado para dous centros, resultará nomeada/o no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada/o no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos.

Contra a decisión da Comisión de Selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da Dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Programa de formación inicial.

1. As/os aspirantes seleccionadas/os que non estean exentos deberán superar un programa de formación inicial, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Aqueles candidatos e candidatas que non superen este programa de formación inicial non poderán ser nomeados directores ou directoras.

2. O programa de formación inicial consistirá nun curso teórico e na realización de supostos prácticos. O curso teórico deberá ter unha duración mínima de cen horas e incorporar no seu programa contidos sobre sistemas de xestión de calidade dos centros educativos, planificación e organización das actividades escolares, a organización e xestión de recursos humanos, procedementos de xestión administrativa e orzamentaria, formación para a convivencia, elaboración do proxecto lingüístico do centro, igualdade de xénero, mediación e resolución pacífica de conflitos, normativa en materia de centros da lingua galega, alumnado e profesorado.

3. O deseño destes cursos realizarao o Servizo de Formación do Profesorado e serán organizados polos centros de formación e recursos.

Décimo primeiro. Exención do programa de formación inicial.

1. Estarán exentos de realizar este programa inicial de formación aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia de polo menos dous anos no exercicio da Dirección de centros docentes públicos. Computará, para estes efectos, como un ano o nomeamento polo período lectivo dun curso académico e estar desempeñando a Dirección no actual curso académico.

2. O profesorado que estivese acreditado para o exercicio da Dirección dos centros docentes públicos estará exento da realización do curso teórico do programa de formación inicial.

Décimo segundo. Avaliación do programa de formación.

Para a avaliación do programa de formación inicial constituirase unha comisión de ámbito provincial, nomeada pola/o xefa/xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da que formarán parte:

a) O xefe ou a xefa do Servizo de Inspección, que actuará como presidenta ou presidente.

b) Un director ou directora dun centro que imparta educación infantil, educación primaria ou educación infantil e primaria.

c) Un director ou directora dun centro que imparta educación secundaria.

d) Un director ou directora dun centro que imparta ensinanzas de réxime especial.

e) O director ou directora de cada centro de formación e recursos da provincia.

f) Unha funcionaria ou funcionario da xefatura territorial, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

Décimo terceiro. Nomeamento.

1. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director:

a) A aquelas candidatas e candidatos seleccionados que estean exentos da realización do programa de formación inicial.

b) A aquelas candidatas e candidatos seleccionados que teñan superado o programa de formación inicial.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2012 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo cuarto. Nomeamento con carácter extraordinario.

1. Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a Dirección será nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde e, preferentemente, que teña destino definitivo no centro.

2. A persoa seleccionada deberá realizar o programa de formación inicial agás que estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na epígrafe décimo primeira desta orde.

Disposición adicional primeira. Se con data do 30 de xuño de 2012 non estivese rematado o programa de formación inicial, a efectividade da duración do nomeamento da Dirección quedará supeditada á superación do programa.

Disposición adicional segunda. Excepcionalmente, poderase aprazar a realización do programa de formación inicial no caso de estar gozando de licenza por embarazo ou de incapacidade temporal. Neste suposto, a efectividade da duración do nomeamento da Dirección quedará supeditada á superación posterior do programa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2012-2013

Código

Centro

Concello

Provincia

15004745

CEIP Plurilingüe Anxo da Garda

A Coruña

A Coruña

15005521

CEIP Ramón de la Sagra

A Coruña

A Coruña

15023363

CEIP Manuel Murguía

A Coruña

A Coruña

15025037

CEIP Sagrada Familia

A Coruña

A Coruña

15005038

CEIP de Prácticas

A Coruña

A Coruña

15026637

CEIP de Barouta

Ames

A Coruña

15032716

CEIP de Arteixo

Arteixo

A Coruña

15000569

CEIP San Xosé Obreiro

Arteixo

A Coruña

15020933

EEI de Barrionovo

Arteixo

A Coruña

15000612

CEIP de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15001471

CEIP Praia Xardín

Boiro

A Coruña

15001616

CEIP de Escarabote

Boiro

A Coruña

15032212

CRA Os Remuíños

Cabana de Bergantiños

A Coruña

15002086

CEIP de Ponte do Porto

Camariñas

A Coruña

15020969

CEIP de Mosteiro de Caaveiro

A Capela

A Coruña

15023077

CEIP de Gándara-Sofán

Carballo

A Coruña

15003789

CEIP Praia de Quenxe

Corcubión

A Coruña

15020982

CEIP O Ramo

Fene

A Coruña

15025633

CEIP Os Casais

Fene

A Coruña

15006845

CEIP Isaac Peral

Ferrol

A Coruña

15007655

CEIP de Caión

A Laracha

A Coruña

15026765

CEIP Milladoiro

Malpica de Bergantiños

A Coruña

15009391

CEIP Santiago Apóstolo

Mugardos

A Coruña

15009998

CEIP Ramón de Artaza y Malvárez

Muros

A Coruña

15019499

CEIP de Piñeiros

Narón

A Coruña

15026111

CRA de Narón

Narón

A Coruña

15023508

CEIP Virxe do Mar

Narón

A Coruña

15010307

CEIP San Isidro

Neda

A Coruña

15025050

CEIP Ramón M.ª del Valle Inclán

Oleiros

A Coruña

15023089

CEIP Luís Seoane

Oleiros

A Coruña

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

15012420

CEIP de Oza dos Ríos

Oza dos Ríos

A Coruña

15012717

CEIP Rosalía de Castro

Padrón

A Coruña

15013163

EEI Fernández Varela

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15013291

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

15025062

CEIP de Portosín

Porto do Son

A Coruña

15025542

CEIP Xuño

Porto do Son

A Coruña

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

A Coruña

15014261

CEIP de Aguiño

Ribeira

A Coruña

15021731

CEIP de Frións

Ribeira

A Coruña

15032662

CEIP Mosteirón

Sada

A Coruña

15026157

CRA de Santa Comba

Santa Comba

A Coruña

15022590

CEIP de Roxos

Santiago de Compostela

A Coruña

15022589

CEIP Lamas de Abade

Santiago de Compostela

A Coruña

15025724

CEIP Os Tilos

Teo

A Coruña

15017314

CEIP de Toques

Toques

A Coruña

15026509

CRA de Valdoviño

Valdoviño

A Coruña

15019086

CEIP Labarta Pose

Zas

A Coruña

15001070

CPI Cruz do Sar

Bergondo

A Coruña

15009071

CPI Castro Baxoi

Miño

A Coruña

15010058

CPI do Feal

Narón

A Coruña

15019347

CPI Camiño de Santiago

O Pino

A Coruña

15027125

IES de Viós

Abegondo

A Coruña

15023314

IES de Sabón

Arteixo

A Coruña

15021767

IES Castro da Uz

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15025694

IES Moncho Valcarce

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña

15026352

IES Brión

Brión

A Coruña

15027861

IES Pedra da Aguia

Camariñas

A Coruña

15027885

IES Lamas de Castelo

Carnota

A Coruña

15003212

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

15005245

IES de Monelos

A Coruña

A Coruña

15026421

IES Rafael Dieste

A Coruña

A Coruña

15005269

IES Urbano Lugrís

A Coruña

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

A Coruña

A Coruña

15023132

EOI A Coruña

A Coruña

A Coruña

15021470

IES de Canido

Ferrol

A Coruña

15006742

IES Concepción Arenal

Ferrol

A Coruña

15025566

IES Ferrol Vello

Ferrol

A Coruña

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

A Coruña

15006791

IES Saturnino Montojo

Ferrol

A Coruña

15027654

IES Agra de Leborís

A Laracha

A Coruña

15025268

IES As Telleiras

Narón

A Coruña

15027216

IES Fernando Esquío

Neda

A Coruña

15010812

IES Virxe do Mar

Noia

A Coruña

15026388

IES Fontexería

Muros

A Coruña

15026121

IES Xosé Neira Vilas

Oleiros

A Coruña

15027939

IES Maruxa Mallo

Ordes

A Coruña

15027964

IES de Oroso

Oroso

A Coruña

15020544

IES de Ortigueira

Ortigueira

A Coruña

15025530

IES Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15020556

IES de Breamo

Pontedeume

A Coruña

15014568

IES n.º 1

Ribeira

A Coruña

15032662

IES Mosteirón

Sada

A Coruña

15023466

IES Lamas de Abade

Santiago de Compostela

A Coruña

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

Santiago de Compostela

A Coruña

15015861

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

A Coruña

15032418

CMUS Profesional de Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

15027368

IES Maximino Romero de Lema

Zas

A Coruña

27000010

CEIP Aquilino Iglesia Alvariño

Abadín

Lugo

27008148

CEIP das Nogais

As Nogais

Lugo

27016224

CEIP de San Cosme

Barreiros

Lugo

27020859

CEIP de Cervo n.º 1

Cervo

Lugo

27014847

CEIP do Corgo

O Corgo

Lugo

27005263

CEIP de Lousada

Guntín

Lugo

27006383

CEIP A Ponte

Lugo

Lugo

27006371

CEIP Anexa

Lugo

Lugo

27013673

CEIP de Casas

Lugo

Lugo

27014860

CEIP A Gándara

Monforte de Lemos

Lugo

27008513

CEIP Laverde Ruíz

Outeiro de Rei

Lugo

27010520

CEIP Virxe da Luz

Portomarín

Lugo

27012012

CEIP Frei Luís de Granada

Sarria

Lugo

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

Lugo

27016674

CEP Luís Tobío

Viveiro

Lugo

27007958

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

Lugo

27004635

CPI Dr. López Suárez

Friol

Lugo

27014082

EEI de Sarria

Sarria

Lugo

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

Lugo

27016315

IES de Becerreá

Becerreá

Lugo

27003175

IES Val do Asma

Chantada

Lugo

27016303

IES Pedregal de Irimia

Meira

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

32000356

CEIP Ramón Otero Pedraio

Amoeiro

Ourense

32015098

CEIP O Bolo

O Bolo

Ourense

32015268

CEIP Otero Novas

Cortegada

Ourense

32004398

CEIP Vicente Risco

Cualedro

Ourense

32014902

CEIP Santa María A Real

Entrimo

Ourense

32008847

CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

Ourense

32015669

CEIP Mestre Vide

Ourense

Ourense

32015220

CEIP Vistahermosa

Ourense

Ourense

32016029

CEIP Ben Cho Shey

O Pereiro de Aguiar

Ourense

32011755

CEIP Manuel Respino

A Rúa

Ourense

32016042

CEIP de Sandiás

Sandiás

Ourense

32013168

CEIP Eduardo Avila Bustillo

A Veiga

Ourense

32006929

CPI Terras de Maside

Maside

Ourense

32003001

IES n.º 1

O Carballiño

Ourense

32008951

IES Ramón Otero Pedraio

Ourense

Ourense

32015475

IES de Ribadavia

Ribadavia

Ourense

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

36014866

CEIP Manuel Villar Paramá

A Estrada

Pontevedra

36018963

CEIP de Belesar

Baiona

Pontevedra

36000302

CEIP de Sabarís

Baiona

Pontevedra

36000375

CEIP da Torre-Cela

Bueu

Pontevedra

36000648

CEIP Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

36015861

CEIP San Clemente de Cesar

Caldas de Reis

Pontevedra

36015950

CEIP da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36003170

CEIP de Soutelo de Montes

Forcarei

Pontevedra

36003111

CEIP Nosa Señora dos Dores

Forcarei

Pontevedra

36017703

CEIP Souto-Donas

Gondomar

Pontevedra

36018987

CRA Antía Cal

Gondomar

Pontevedra

36004149

CEIP Xoaquín Loriga

Lalín

Pontevedra

36004460

CEIP de Ardán

Marín

Pontevedra

36018446

CEIP Armenteira

Meis

Pontevedra

36004733

CEIP de Reibón

Moaña

Pontevedra

36019441

CEIP de Petelos

Mos

Pontevedra

36001690

CEIP Antonio Blanco Rodríguez

Covelo

Pontevedra

36024173

CRA María Zambrano

O Rosal

Pontevedra

36007242

CEIP de Viñas

Poio

Pontevedra

36015536

CEIP A Reigosa

Ponte Caldelas

Pontevedra

36017661

CEIP Praza de Barcelos

Pontevedra

Pontevedra

36015172

CEIP A Xunqueira n.º 2

Pontevedra

Pontevedra

36016644

CEIP de Laredo

Redondela

Pontevedra

36007643

CEIP Outeiro das Penas

Redondela

Pontevedra

36014881

CEIP Alexandre Bóveda

Redondela

Pontevedra

36008489

CEP Altamira

Salceda de Caselas

Pontevedra

36008866

CEIP A Florida

Sanxenxo

Pontevedra

36008878

CEIP Cruceiro

Sanxenxo

Pontevedra

36009135

CEIP de Silleda

Silleda

Pontevedra

36015238

CEIP de Sobrada

Tomiño

Pontevedra

36009524

CEP Pedro Caselles Beltrán

Tomiño

Pontevedra

36014775

CEIP de Guillarei

Tui

Pontevedra

36009846

CEIP n.º 1

Tui

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36009913

CEIP de Baño-Xanza

Valga

Pontevedra

36016061

CEIP A Doblada

Vigo

Pontevedra

36010460

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

36010708

CEIP Emilia Pardo Bazán

Vigo

Pontevedra

36015251

CEIP Friáns-Teis

Vigo

Pontevedra

36015627

CEIP García Barbón

Vigo

Pontevedra

36010071

CEIP Santa Mariña

Vigo

Pontevedra

36010587

CEIP de Sardoma-Moledo

Vigo

Pontevedra

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

Pontevedra

36010629

CEIP Vicente Risco

Vigo

Pontevedra

36010204

CEIP Párroco Don Camilo

Vigo

Pontevedra

36012377

CEIP de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

Pontevedra

36012419

CEIP Arealonga

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36013837

EEI Fina Casalderrey

Pontevedra

Pontevedra

36010265

EEI Cristo da Victoria

Vigo

Pontevedra

36014325

EEI Rúa Aragón

Vigo

Pontevedra

36015071

EEI Vagalume

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019244

IES A Sangriña

A Guarda

Pontevedra

36019402

IES Pazo da Mercé

As Neves

Pontevedra

36018501

IES Monte Carrasco

Cangas

Pontevedra

36019475

IES de Rodeira

Cangas

Pontevedra

36019220

IES Auga da Laxe

Gondomar

Pontevedra

36020295

IES Mestre Landín

Marín

Pontevedra

36020301

IES de Meaño

Meaño

Pontevedra

36019529

IES Ribeira do Louro

O Porriño

Pontevedra

36020143

IES de Poio

Poio

Pontevedra

36020313

IES de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas

Pontevedra

36006419

IES Montecelo

Pontevedra

Pontevedra

36006729

IES Valle Inclán

Pontevedra

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36020325

IES Illa San Simón

Redondela

Pontevedra

36024628

IES Pedras Rubias

Salceda de Caselas

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra do Miño

Salvaterra do Miño

Pontevedra

36020350

IES Pintor Colmeiro

Silleda

Pontevedra

36014544

IES Francisco Sánchez

Tui

Pontevedra

36009901

IES San Paio

Tui

Pontevedra

36020362

IES de Valga

Valga

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36019426

IES de Coruxo

Vigo

Pontevedra

36011579

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

36011580

IES Santo Tomé do Freixeiro

Vigo

Pontevedra

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36018380

IES Miguel Ángel González Estévez

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36024471

CMUS Profesional de Vigo

Vigo

Pontevedra

36018941

EOI de Vigo

Vigo

Pontevedra

36024598

EOI de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario de carreira que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

1

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección,
o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes
públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

..., ... de... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….