Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10441

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

A Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o final do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 22 de febreiro de 2012, tendo en conta diversas cuestións técnicas e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda