Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10480

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, do posto vacante de xefa/e do Servizo de Atención Primaria da Ponte-mañá, que será cuberto por persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e na páxina web do Sergas (www.Sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 22 de febreiro de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verin e O Barco de Valdeorras