Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7044/2012, interposto por Margarita Beatriz Fernández Pérez e outros contra a Resolución do 14 de novembro de 2011, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011 do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

O Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3.ª, remitiu a esta administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7044/2012, interposto por Margarita Beatriz Fernández Pérez e outros contra a Resolución do 14 de novembro de 2011, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011 do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3.ª, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo