De conformidade co disposto na base V da convocatoria para o acceso á categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, aprobada en virtude da Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG n.º 252, do 30 de decembro), e unha vez remitida polo tribunal a proposta da aspirante que superou o dito proceso selectivo, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos número 116/2007, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Elevar a definitiva a proposta do tribunal sobre a aspirante que superou en execución de sentenza o proceso selectivo da categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, que se relaciona como anexo a esta orde.
Segundo. A aspirante deberá remitir, no prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública, os documentos a que se refire a base V da orde de convocatoria.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
ANEXO
NIF |
Apelidos e nome |
1.º exercicio |
2.º exercicio |
Concurso |
Total |
33829344R |
Díaz López, María Josefa |
13,5 |
14,5 |
5,06 |
33,06 |