Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/93-2, 7930 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma de C.T. Residencia 1 (6542).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Reforma no C.T. Residencia 1 (6542) consistente en:

Obra civil: execución dun depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, paramenta, ferraxes e anteparos, execución dun anteparo de protección do transformador, pintado do local, demolición dun tabique, instalación dunha chapa galvanizada e perforada para ventilación en ventá superior, enchedura do depósito de aceite e desmontaxe dun cadro de baixa tensión.

Obra eléctrica: instalación dun autotrafo de 25 kVA 400/270 V, tres celas de liña, unha de protección do transformador, circuíto de terra interior, circuíto de iluminación e protección, un armario e ampliacións de B.T. e pontes de media e baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo