1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n, 27003 Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Número de expediente: MS-CHX1-11-013.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración sucesiva.
b) Descrición: tiras reactivas de glicosa en sangue para o Hospital Universitario Lucus Augusti.
c) Lote: único.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 33124131-2.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de agosto de 2011.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 130.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 91.000,00 euros.
Importe total: 98.280,00 euros.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 9 de febreiro de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 15 de febreiro de 2012.
c) Contratista: Menarini Diagnósticos, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación.
Importe neto: 65.000,00 euros.
Importe total: 70.200,00 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor ratio calidade-prezo (para máis información: ver perfil do contratante, www.sergas.es).
Lugo, 20 de febreiro de 2012.
Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo