Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10752

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de Unidade de Atención Primaria).

Convocada mediante a Resolución do 28 de novembro de 2011 (DOG n.º 17, do 25 de xaneiro de 2012) a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario, e de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Sanidade do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan as súas competencias nos seus órganos directivos, o director xerente da Xestión Integrada,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura de Unidade de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 28 de novembro de 2011 (DOG n.º 17, do 25 de xaneiro de 2012).

Segundo. Unha vez analizadas todas as solicitudes presentadas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes aos da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do seu cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase, por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: xefe de Unidade de Atención Primaria de Monteporreiro.

Nome e apelidos: Luis Ricardo Fransi Galiana.

DNI: 22541189-Q.