Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da convocatoria e as bases específicas de prazas de laborais fixos grupos I, II, III e auxiliar administrativo grupo IV.

No BOP de Pontevedra número 244, do 22 de decembro de 2011, publicáronse a convocatoria e as bases específicas das convocatorias das seguintes prazas:

Persoal laboral fixo (consolidación emprego temporal); pedagogo/a (3 prazas); psicólogo/a (1 praza); responsable de arquivo (quenda de minusvalidez, 1 praza); asistente social (1 praza); educador infantil (1 praza); enxeñeiro/a técnico/a (1 praza); responsable Departamento de Persoal (1 praza); administrativo/a (4 prazas); oficial 1.ª cociña (1 praza); responsable do Departamento de Cultura (1 praza); auxiliar administrativo (6 prazas) e auxiliar administrativo (1 praza quenda de minusvalidez). As bases xerais foron publicadas no BOP número 67, do 12 de abril de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Pontevedra e/ou no taboleiro de edictos do concello.

Ponteareas, 8 de febreiro de 2012.

Salvador González Solla
Alcalde presidente