Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

EDICTO sobre o VII proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal.

Mediante acordo do Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria e urxente, celebrada o día 12 de marzo de 2011, aprobouse inicialmente o VII proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces.

O citado expediente sométese á información pública polo período dous meses, mediante publicación deste edicto nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente na Secretaría do concello, das 8.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas, de conformidade co establecido no artigo 86.1 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Así mesmo, faise público que se suspende o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente; a duración da suspensión alcanza ata a aprobación definitiva que, en todo caso, terá unha duración máxima de 2 anos. As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes: os núcleos rurais da parroquia de Insua, Dorvisón, Xordedo e Vilar e o núcleo de Duxame –San Miguel, na parroquia de Duxame– e os regos de Cubelos e San Miguel, cos límites da documentación grafada no expediente. A suspensión alcanza as licenzas que supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente, aqueles ámbitos en que non coincidan as determinacións do planeamento vixente que se pretende modificar coas determinacións do novo planeamento inicialmente aprobado.

Vila de Cruces, 12 de marzo de 2012.

Jesús Otero Varela
Alcalde