1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.
2) Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.
3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4) Teléfono: 988 26 93 33.
5) Fax: 988 22 14 94.
6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
d) Número de expediente: ref. 2199.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto cun único criterio de adxudicación, da subministración de programas software para o centro de coñecemento Vinte Doce.
c) División por lotes e número de lotes: 0 lotes.
d) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.
e) Prazo de entrega: un mes.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30236000-2.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación: o único criterio de adxudicación é o prezo.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 62.580,00 € euros. IVE: 11.264,40 euros. Importe total: 73.844,40 euros.
5. Garantías exixidas.
a) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: rexistro xeral.
2. Domicilio: praza Maior núm. 1.
3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 16 de marzo de 2012.
Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde