Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10875

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 96/2012, do 15 de marzo, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG n.º 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG n.º 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas pola Confederación de Empresarios de Galicia, do 27 de febreiro de 2012, e pola Universidade da Coruña, do 7 de marzo de 2012,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Gabriel García Aparicio, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Artigo 2.

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Amalia Blanco Louro, e como membro suplente a Ángel Fernández Castro, en representación da Universidade da Coruña.

Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente