Juan Ignacio Agustín Losada Cardoso en representación de Clavo Congelados, S.A. solicita desta alcaldía licenza municipal para instalación e funcionamento da actividade de planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado para subministración a fábrica de produtos de alimentación no lugar de Outeiro, parroquia de Bemil deste termo municipal, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, a fin de que durante este que comenzará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Oficina de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.
Caldas de Reis, 6 de marzo de 2012.
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde