Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10943

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do CIXTEC ditou a Resolución do 14 de marzo de 2012, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no CIXTEC. A asignación da praza da referida convocatoria está a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios das dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán, 9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable