Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/85-2, 7923 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Lucus Market, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial de Piadela, s/n, 15300 Betanzos. A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T.S. e C.T. de 630 kVA para dar servizo a supermercados.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar na L.M.T.S. Ceao 3 entre o C.S. Ingapan 2 e o C.D. Benigno Rivera o CS proxectado, cunha lonxitude de 13 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.S. no límite da parcela en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de ruptofusible.

– L.M.T. a 20 kV, con orixe nunha cela de ruptofusible do centro de seccionamento proxectado e final nunha cela de liña do C.T. proxectado, cunha lonxitude de 3 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instala unha ceda de liña, unha de protección e unha de medida. Relación de transformación 20.000/ 400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo