Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: C.T. Caseda-Piloño.
Situación: Vila de Cruces.
Características técnicas: centro de transformación (Caseda-Piloño) de 160 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado en Arbián, A Caseda, Vila de Cruces.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000 será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 1 de marzo de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra