Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2012/9-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.S. polígono industrial Porto do Molle, parc. M-7.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 32 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme na L.M.T.S. GON816, entre a subestación Gondomar e o C.T. 36CVW5, unha vez que entre e saia do C.S. proxectado. Centro de seccionamento en edificio prefabricado tipo 3L, situado no polígono industrial Porto do Molle, parcela M-7, Nigrán.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 5 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra