O presidente, actuando en nome e representación da entidade pública Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, e en cumprimento do exixido no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, acorda dar publicidade ás adxudicacións definitivas, mediante procedemento negociado con publicidade e sistema multicriterio, dos seguintes contratos mixtos:
A. Xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector norte.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: mixto de xestión indirecta de servizos portuarios e de prestación de servizos.
b) Descrición do obxecto: xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector norte.
c) Enderezo do anuncio de licitación no perfil do contratante de Portos de Galicia:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14689
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 165, do 27 de agosto de 2010.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado con publicidade; sistema multicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 280.100,00 euros, IVE excluído.
5. Adxudicación.
a) Data de adxudicación provisional do contrato: 7 de febreiro de 2012.
b) Data de adxudicación definitiva do contrato: 5 de marzo de 2012.
c) Contratista: Procesoil, S.L.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe adxudicación: 247.500,00 euros, IVE excluído.
f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.
B. Xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector sur.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: mixto de xestión indirecta de servizos portuarios e de prestación de servizos.
b) Descrición do obxecto: xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector sur.
c) Enderezo do anuncio de licitación no perfil do contratante de Portos de Galicia:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14690
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 165, do 27 de agosto de 2010.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado con publicidade; sistema multicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 411.050,01 euros, IVE excluído.
5. Adxudicación.
a) Data de adxudicación provisional do contrato: 7 de febreiro de 2012.
b) Data de adxudicación definitiva do contrato: 5 de marzo de 2012.
c) Contratista: Ingaroil, S.L.-Limpoil, S.L.U. (UTE).
d) Nacionalidade: española.
e) Importe adxudicación: 366.000,00 euros, IVE excluído.
f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia