Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.
Denominación: anexo I L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Laíño (derivada ao C.T. Castro).
Situación: concello de Dodro.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV ao C.T. Castro, cunha lonxitude de 0,490 km, con orixe en apoio s/n que se intercalará na L.M.T PAD-709 Dodro-Taragoña, derivada ao C.T. Manselle (expediente 52.405), condutor tipo LA-56 e final no C.T. Castro.
Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Dodro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 29 de febreiro de 2012.
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña