Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (346/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 346/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Guntín García contra a empresa José Alejandro Pita Montero, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Lucía Guntín García, contra José Alejandro Pita Montero, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a José Alejandro Pita Montero a que lle aboe a Lucía Guntín García a cantidade de 1.436,36 euros brutos, por salarios devengados en decembro de 2010, xaneiro e febreiro de 2011, e compensación económica por vacacións de 2011, incrementada no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa José Alejandro Pita Montero, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial