Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11860

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de marzo de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos desta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito á conselleira de Sanidade (edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais, nos das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que acabamos de sinalar non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade. A súa resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sexto. O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servizos na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servizos concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4.º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo anunciado estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se están en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Código do posto: SA.C99.10.000.32001.001.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Ourense.

Tipo de posto: S.

Grupo: A1, A2.

Nivel c.d.: 28.

Complemento específico: 18.812,64 €.

Corpo ou escala: xeral/especial/estatutario/sanitario Lei 17/1989.

Adscrición á Administración pública: A20 (7).

Formación específica: 640.

missing image file
missing image file