Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:
Denominación: reelectrificación de Ruño e A Tarroeira.
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro 4, Lugo.
Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.
Características técnicas principais:
1. Liña de media tensión a 20 kV con orixe na liña de media tensión ao Vicedo (existente) e final no centro de transformación intemperie Ruño (proxectado) cunha lonxitude de 678 metros sobre apoios metálicos tipo C, illamento suspendido de nivel II e conductor LA-56.
2. Centro de transformación tipo intemperie, situado na Tarroeira, cunha pontencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
3. Rede de baixa tensión con orixe no anterior centro de transformación, cunha lonxitude de 690 metros en 13 apoios de formigón e condutor R.Z. de diversas seccións para o servizo de 23 abonados.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 12 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
Parc. |
Ref. catastral |
Lugar |
Propietario e enderezo |
Tipo cultivo |
Afección |
||||
Apoio |
Voo |
||||||||
Pol. |
Parc. n.º |
N.º |
Superficie ocupada m2 |
Lonxitude m |
Superficie afectada m2 |
||||
2 |
8640218PJ0484S0001KT |
Fontela da Veiga |
Inés Fernández Lamelas Enderezo descoñecido Rpta. Fiscal Audiencia de Lugo |
MB |
|
|
4 |
57,00 |
|
3 |
8640218PJ0484S0001KT |
Punta Longa da Veiga |
Raúl Louzau Rodríguez Baltar, 101, 27860 O Vicedo (Lugo) |
MB |
|
|
3 |
39,00 |
|
6 |
8640218PJ0484S0001KT |
Fontela da Veiga |
José Baltar Vizoso Casas Baratas, 27860 O Vicedo (Lugo) |
MB |
|
|
10 |
163,00 |
|
9 |
8640218PJ0484S0001KT |
Fontela da Veiga |
Remedios Rivera Pego Vilasuso, 1, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
13 |
148,00 |
|
11 |
9 |
236 |
Veiga |
Mercedes Pérez Baltar Estrada Xeral, 12, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
3 |
50,00 |
14 |
9 |
241 |
Veiga |
Mercedes Rivera Pego Vilasuso, 1, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
36 |
517,00 |
16 |
9 |
211 |
Veiga de Val |
Francisco Lamelas Iglesias Casas Baratas, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
19 |
310,00 |
19 |
9 |
208 |
Fodal da Veiga |
Mercedes Pérez Baltar Estrada Xeral, 12, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
9 |
135,00 |
26 |
9 |
201 |
Xunto ao Muíño |
Dolores Vázquez Escourido Río Tajo, 18 baixo, 28416 Leganés (Madrid) |
PR |
|
|
5 |
78,00 |
29 |
9 |
198 |
Veiga |
Josefa Iglesias Baltar Casas Baratas, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
19 |
255,00 |
30 |
9 |
197 |
Veiga |
Ventura Iglesias Eiroa San Estevo, O Vicedo |
PR |
|
|
3 |
55,00 |
37 |
9 |
130 |
Bacelar |
Remedios Salgueiro Rodríguez San Román-Brosa, CP 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
6 |
80,00 |
39 |
9 |
132 |
Bacelar |
Luis Manuel Requejo Pereira Juan XXIII, 21 32003 Ourense (Ourense) |
PR |
|
|
8 |
128,00 |
43 |
9 |
80 |
Viñas do Cobelo |
Josefa Fernández Rivera San Estevo, O Vicedo |
PR |
|
|
5 |
80,00 |
44 |
9 |
79 |
Canto da súa Casa |
Socorro Calvo Baltar Juan Montes, 13, 15006 A Coruña |
PR |
2 (1/2) |
0,95 |
17 |
272,00 |
133 |
9 |
63 |
Cercadas de Abaixo |
Arturo Guerreiro Vázquez R/ Ignacio Ellacuria 6-4.º F, 28018 Madrid |
MA |
|
|
0 |
16,00 |
51 |
8 |
291 |
Cercadas de Abaixo |
Remedios, Jesús Amable, Josefa, M.ª Teresa Calvo Iglesias Avda. dos Maios, 56, 15007 A Coruña |
PR |
|
|
5 |
80,00 |
67 |
18 |
84 |
Casal |
Natalia Calvo Baltar R/ Ourense, 22-24-3.º C A Solana CP 15407 Narón, A Coruña |
MB |
|
|
4 |
64,00 |
68 |
18 |
81 |
Viñas do Casal |
Francisco Vale Franco San Estevo, O Vicedo |
MB |
|
|
8 |
128,00 |
80 |
18 |
393 |
Casal |
José Iglesias Martínez Xilloi, 27860 O Vicedo (Lugo) |
PR |
|
|
13 |
208,00 |
85 |
18 |
104 |
Cruz do Casal |
Luis Manuel Requejo Pereira Juan XXIII, 21, 32003 Ourense (Ourense) |
MA |
|
|
0 |
14,00 |