Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2012/55-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado L.M.T.S., C.T. A Lanzada-Soutullo.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 363 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente A Lanzada (IN407A 2008/664-4) e final no C.T. proxectado A Lanzada-Soutullo. Centro de transformación de 400 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado na zona de Soutullo, concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra