Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12289

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as notas definitivas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 5 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, convocouse proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 7 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á dita convocatoria.

Por Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, déuselle publicidade á convocatoria das probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Resolución do 20 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás ditas probas, con indicación das causas de exclusión, fixando un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que considerasen oportunas.

Por Resolución do 20 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, apróbase a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo, a data do exame e desígnase a composición do tribunal cualificador do dito proceso.

Por Resolución do 22 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, faise público o nomeamento de dous novos membros do tribunal que xulgarán o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 10 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, faise pública a listaxe de convocados ao exame non eliminatorio de avaliación e coñecemento da lingua galega.

Por Resolución do 21 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fanse públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, fanse públicas as notas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Rematada a fase de concurso, ao abeiro do disposto na base II.4.2 da convocatoria e en nome do tribunal, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as notas definitivas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de secretaría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal que figuran no anexo.

Contra a presente resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Igualmente poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Nome e apelidos

DNI

Méritos xerais

Méritos autonómicos

Fase de concurso

Álvarez Montoto, Jesús

71633812J

10,77

0

10,77

Ballina Díaz, Diego

10901764V

10,48

1,60

12,08

Fernández Fernández, Ricardo

11425142F

12,65

2,40

15,05

García Ardila, Francisco Miguel

74836992Y

9,97

0

9,97

González García, José Manuel

77404022Y

5,81

1,55

7,36

Iglesias Martínez, Miguel

34897065Q

11,93

2,30

14,23

Marquina Fuentes, Juan

76711621C

11,91

2,45

14,36

Rey Fernández, Pedro Daniel

08836906F

12,19

0

12,19

Rubiera Álvarez, Ana María

10856275E

15,04

2,40

17,44

Vázquez Pita, José María

33345782Z

12,64

2,40

15,04