Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Teo (expediente IN407A 250/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do recuamento M.T. en Bertamiráns (AG-56 Santiago (N-550 na Rocha)-Brión (AC-543).

Situación: concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Teo.

Características técnicas:

1. As liñas de media tensión aéreas afectadas polo recuamento no p.q. 73+000 ao p.q. 73+440, no tramo entre o C.T. Cruxeiras e a subestación Santiago II, no concello de Santiago, son as seguintes:

Liña de M.T. aérea núa SNT-804 O Milladoiro (expediente 51.780) a 20 kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo C-9000/22, nunha lonxitude de 0,140 km, en condutor LA-110.

Liña de M.T. aérea núa SNT-805 Biduído-Pontespiño (expediente 31.036) a 20 kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo C-9000/22, nunha lonxitude de 0,140 km, en condutor LA-110.

Liña de M.T. aérea núa SNT-806 Aeroporto-Os Tilos ao C.T. Cruxeiras a 20 kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo C-7000/18, nunha lonxitude de 0,380 km, en condutor LA-110.

Liña de M.T. aérea núa SNT-807 A Susana-Ponte Ulla a C.T. Telefónica a 20 kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo C-7000/18, nunha lonxitude de 0,380 km, en condutor LA-110.

2. As liñas de media tensión subterránea afectadas polo recuamento no p.q. 100+800 ao p.q. 101+300, no tramo comprendido entre a subestación Santiago II e os CC.TT. Novo Hospital, Rocha Vella, Panosa, Hospital Provincial, Ponte Rocha, Centro Comercial Lidl, Volta do Castro 3 e os CC.RR. Ponteseca e Vidán, no concello de Santiago de Compostela, proxéctanse baixo a canalización existente da L.M.T.S. subestación San Caetano-Cidade da Cultura-subestación Santiago II (expediente IN407A 2004/479), nunha lonxitude de 0,695 km igual para todas as liñas en condutor R.H.Z.1-2OL(S) 12/20 kV 3(1×240) mm² Al e R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, son as seguintes:

Liña de M.T. subterránea SNT-802 Vidán-CD Novo Hospital (expediente IN407A 1999/01) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final no punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-808 Cero-Fonteseca (expediente 29.340, IN407A 1999/52) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final no punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-809 A Rocha-Ponte Pedriña (expediente IN407A 1997/260) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-810 Vidán-Animalario (expediente IN407A 2005/406) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-812 Vidán-Galeras (expediente 18.117) A 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-814 Hipercor (expediente 26.993) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-815 Gándara-Conxo (expediente IN407A 1999/317) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-817 Santiago II-Santa Marta (expediente IN407A 2001/256) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

Liña de M.T. subterránea SNT-818 Conxo II (expediente IN407A 2004/169) a 20 kV, con orixe en cela de liña da subestación Santiago II e final en punto de acceso proxectado.

3. A liña de media tensión afectada polo recuamento no p.q. 102+700 ao p.q. 103+300 é a seguinte:

Liña de M.T. aérea núa SNT-811 Bertamiráns tramo entre o C.T. Costoia (expediente IN407A 1995/132) e o C.T. Pardiñas (expediente 22.848) a 20kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo HV-630/15 baixo a L.M.T.A. existente, cunha lonxitude de 0,117 km, en condutor LA-56, no concello de Santiago de Compostela.

4. A Liña de media tensión afectada polo recuamento no p.q. 107+400 ao p.q. 108+300 é a seguinte:

Liña de M.T. subterránea SNT-811 Bertamiráns nun tramo entre o C.T. Grupo Escolar e o C.T. Urbanización Estiva I (expediente IN407A 2004/9) (expediente IN407A 2004/169 a 20 kV, con orixe en cela e final na mesma liña, nunha lonxitude de 0,158 km e con condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, no concello de Ames.

5. A liña de media tensión afectada polo recuamento no p.q. 109+100 ao p.q. 109+800 é a seguinte:

Liña de M.T. aérea núa NEG-805 Santiago a 20kV, nun tramo da derivada ao C.T. Castrigo (expediente 31.942) con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo CH-1600/20, cunha lonxitude de 0,114 km, en condutor LA-56, e noutro tramo entre o C.T. Brans (expediente 31.942) e o C.T. Santa Minia (expediente 51.080), con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo HVH-2500/13 baixo a L.M.T.A. existente, cunha lonxitude de 0,234 km, en condutor LA-56.

6. A liña de media tensión afectada polo recuamento no p.q. 109+800 ao p.q. 110+500 é a seguinte:

Liña de M.T. subterránea SNT-805 Santiago entre C.T. Guldrís (expediente 51.875) e o C.T. Augas Brión a 20 kV, con orixe no paso aéreo-subterráneo nun apoio fin de liña proxectado tipo HVH-15/2500 e final en paso aéreo-subterráneo nun apoio fin de liña proxectado tipo HVH-13/2500, nunha lonxitude de 0,126 km e con condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, no concello de Brión.

7. A liña de media tensión afectada polo recuamento no p.q. 202+600 ao p.q. 203+300 é a seguinte:

Liña de M.T. aérea núa SNT-805 Biduído-Pontespiño (expediente 31.036) tramo entre C.T. As Mimosas (expediente 51.536) e C.T. Picón-Cruces a 20 kV, con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado tipo HV-1000/15 baixo L.M.T.A. existente, cunha lonxitude de 0,144 km, en condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1x250) mm² Al, no concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña