Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa do almacén que en réxime de alugueiro ten a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa do almacén que en réxime de alugueiro ten a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: o prazo de execución máximo aceptable pola Administración para a realización da totalidade dos traballos será de vinte (20) meses, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 88.430,34 €.

IVE (18%): 15.917,46 €.

Importe total: 104.347,80 €, IVE incluído.

Anualidades 2012: 36.521,73 €, c/IVE.

Anualidades 2013: 62.608,68 €, c/IVE.

Anualidades 2014: 5.217,39 €, c/IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17307

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria