Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivada do expediente IU2/43/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do interesado.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 6 de marzo de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras executadas por Jaime Gómez Pereira, consistentes na construción dunha edificación para usos residenciais, no lugar dos Bravos, parroquia de Estás, no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ao citado interesado, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística