Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 13003

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de persoal laboral fixo (consolidación de emprego temporal), terceira quenda.

No BOP de Pontevedra n.º 63, do 29 de marzo de 2012, publicáronse a convocatoria e as bases específicas das convocatorias das seguintes prazas:

Persoal laboral fixo (consolidación de emprego temporal); notificador (1 praza); condutor (3 prazas); auxiliar vogalía da muller (1 praza, reserva de minusvalía); auxiliar de puericultura (1 praza ao 75% da xornada completa); auxiliar de puericultura (6 prazas); auxiliar de clínica (4 prazas); auxiliar de biblioteca (2 prazas); auxiliar de biblioteca (1 praza ao 50% da xornada completa); auxiliar de museo (1 praza). As bases xerais foron publicadas no BOP n.º 67, do 12 de abril de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Pontevedra e/ou no taboleiro de edictos do concello.

Ponteareas, 29 de marzo de 2012.

Salvador González Solla
Alcalde presidente