Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2011/124-2, 7960 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eon Distribución, S.L.

Domicilio social: r/ Medio, 12, 39003 Santander.

Denominación: ampliación de dúas posicións de liña 132 kV subestación Mondoñedo 132 kV.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

Sistema de 132 kV.

– Amplíase a plataforma da subestación, instálase un novo cerramento, constrúense as obras civís necesarias para o acondicionamento da nova plataforma.

– Realízase a conexión da subestación de Mondoñedo co apoio n.º 0 da L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Boimente mediante condutor LA-280 dúplex, cunha lonxitude de 33 metros.

– Substitución dos condutores e pezas de conexión correspondentes á posición de cerre de barras por cable dúplex Cu de 500 mm2 cunha intensidade admisible de 2.230 A (a temperatura de 40 ºC).

– Substitución dos condutores, pezas de conexión e cadeas correspondentes a todo o embarrado de 132 kV (barras 1 e 2); instálase cable dúplex Cu de 500 mm2 cunha intensidade admisible de 2.230 A (a temperatura de 40 ºC).

– Instálanse dous novos armarios de protección e control, un para as posicións de Estelo e Boimente e outro para o enlace de barras.

– Substitución na posición existente de cerre de barras de:

● Tres transformadores de intensidade relación de transformación 1000-2000/5-5-5 A.

● Tres transformadores de tensión tipo Arteche UTE-145 para barras 1.

● Tres transformadores de tensión tipo Arteche UTE-145 para barras 2.

● Un interruptor automático trifásico.

● Dous seccionadores tripolares.

● Substitución dos condutores e pezas de conexión por cable dúplex Cu de 500 mm2 cunha intensidade admisible de 2.230 A (a temperatura de 40 ºC).

– Amplíase o actual sistema de 132 kV exterior de tipo convencional, con dúas novas posicións de liña, as cales darán entrada á liña Estelo e liña Boimente, composta cada unha delas pola seguinte aparellaxe:

● Tres transformadores de intensidade tipo Arteche CA-145.

● Un transformador de tensión tipo Arteche UTE-145.

● Un interruptor automático trifásico.

● Un seccionador trifásico tipo columna para líneas con PAT.

● Dous seccionadores trifásicos tipo columna para barras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 2 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo