Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2011/332-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Dr. Carus, 7, 1.º C., edf. León XIII, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Aguiúncho.

Situación: A Illa de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 520 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Xufre e final na arqueta situada á altura do C.T. de Aguiúncho que se vai desmontar, unha vez que entre e saia do novo C.T. proxectado Aguiúncho. Centro de transformación de 400 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado na rúa Aguiúncho, A Illa de Arousa. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 9 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra