Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, de la Xefatura Territorial de Pontevedra, por la que somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2012/68-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Peregrina.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 72 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T. LOZ809, entre o C.T. travesía As Ánimas e o CD Pasantería, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado A Peregrina. Centro de transformación subterráneo de 630 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado no paseo Antonio Odriozola, entre a praza da Ferraría e os xardíns de Castro Sampedro, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra