Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13018

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de marzo de 2012 pola que se nomean os membros do Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 147/2011, do 30 de xuño, polo que se crea o Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e se determinan os criterios para acreditar e declarar a súa representatividade, establece no seu artigo 3.2 que os membros do consello serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo por proposta da persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de promoción do emprego autónomo e que o seu nomeamento se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear, por proposta da directora xeral de Promoción do Emprego, como membros do Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que se indican a seguir:

– Jorge Barros de la Peña, subdirector xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que actuará como presidente.

– Luis Valdés Peña, xefe do Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que actuará como secretario.

– César García Novoa, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela, experto de recoñecido prestixio, imparcial e independente.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar