Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do arrendamento con opción de compra do material ofimático e software de base para varios centros do Servizo Galego de Saúde-Consellería de Sanidade (AI-SER1-12-005) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 30.4.2012.

d) Número de expediente: AI-SER1-12-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra do material ofimático e software de base para varios centros do Servizo Galego de Saúde-Consellería de Sanidade.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/5.

d) Prazo de execución/entrega: corenta e dous meses e medio desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1, 30213000-5, 30213100-6, 30231310-3, 30232110-8, 30237460-1, 30233300-4 e 30216200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Ponderación

criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Valoración técnica dos equipamentos

0-10

50%

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-10

40%

Proposta de prestación de servizo

0-10

10%

4. Valor estimado do contrato: 3.040.306,98 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.039.850,38 euros. Importe total: 3.587.023,45 euros.

b) O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050. Eixe 2.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusulas 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 30.4.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, ao prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 23.3.2012.

12. Outras informacións: o expediente cofinanciarase con fondos Feder.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos