Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13057

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador do Servizo de Atención Primaria.

Convocada por Resolución 1/2012, do 25 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 38, do 23 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de coordinador do Servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de coordinador do Servizo de Atención Primaria, anunciado por Resolución 1/2012 (DOG n.º 38, do 23 de febreiro).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estos efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Xerencia de Xestión Integrada. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Posto: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Betanzos.

Nome e apelidos: María José Romero Maneiro.

DNI: 13712404-B.