Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13060

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir 15 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e especialidade de bibliotecas da USC, subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante Resolución do 28 de outubro de 2011 (DOG do 11 de novembro e BOE do 14 de febreiro de 2012) convocáronse probas selectivas para cubrir 15 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo A2, coa seguinte distribución: especialidade de arquivos, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre; especialidade de bibliotecas, sete prazas pola quenda de promoción interna e seis pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 30 de xaneiro) corríxense erros advertidos na do 28 de outubro de 2011.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos, da Biblioteca Intercentros e no web:

http:www1.usc.es/webpas/

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela