Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de solicitude de licenza de apertura para taller de reparación de radiadores de vehículos.

Odilo Espiña Castro solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de taller de reparación de radiadores de vehículos, nunha nave situada no n.º 33 da rúa 4 do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 16 de marzo de 2012.

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde