Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de marzo de 2012 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número - sito en Vigo, relativo ao proxecto 00813 (expediente 2010/000026).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Luisa Margarita Sobrino Ramilo o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número - sito en Vigo, relativo ao proxecto 00813, expediente 2010/000026, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00813-Reversión de terreos no proxecto de expropiación da rúa Telleira. TM Vigo.

N.º de expediente: 2010/000026.

Persoa a cal notificar: Luisa Margarita Sobrino Ramilo.

Expropiante: Concello de Vigo.

Expropiados: Olga Pompeya Sobrino Ramilo e outra.

Beneficiario: Concello de Vigo.

Predio n.º: -.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 81.239,60 €.